Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os Bolechas por Galicia
O novo espectáculo "Os Bolechas e o Sabichón" percorrerá as distintas rexións de Galicia para achegar a lingua galega aos máis pequenos cunha proposta lúdica que chegará a miles de persoas e 56 concellos, como parte do programa "Falaredes" da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Onte os personaxes creados por Pepe Carreiro achegáronse á Cidade da Cultura de Santiago de Compostela para mostrar as súas novas peripecias e actividades a un grupo de nenos procedentes dos concellos de Vedra e Boqueixón, nun acto apadrinado polo conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez.

Esta proposta ofrece unha combinación entre obra de teatro e concurso, presentado por 'O Sabichón', no que os Bolechas terán que interactuar co público nunha serie de probas nas que terán que mostrar os seus coñecementos na lingua galega. O obxectivo é fomentar a lingua galega "dende a diversión" e facer partícipes deste a todos os pequenos que acudan ao espectáculo, que esta destinado a nenos de entre 3 e 9 anos.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-06-2014 09:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal