Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Misterio das árbores de Pakistán
En xullo do 2010, na provincia de Sind en Paquistán, unha inundación interrompeu a vida de 20 millóns de persoas afectando tamén á poboación de arácnidos do país. Unha quinta parte da terra quedou mergullada na auga e millóns de arañas non tiveron outra opción que trepar ás árbores.

Tras a inundación, as arañas que orixinalmente viven na terra, tiveron que adaptarse ás condicións e refacer as súas vidas nas ramas das árbores, por iso agora están cheos de arañeiras e botóns. A pesar do estraño suceso os cidadáns de Sind viven perfectamente co peculiar fenómeno.

O Departamento británico para o desenvolvemento internacional, destacou que este panorama é unha bendición, pois as árbores onde as arañas escalaron provocaron unha diminución de mosquitos transmisores de malaria.

Sandra Tornero Belloso, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-06-2014 14:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal