Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Nin o mellor Lorenzo detén a Márquez
Foi en Mugello a sexta vitoria consecutiva de Marc Márquez, a que o asenta aínda máis no liderato do Mundial e, non obstante, esta vez foi totalmente diferente. Esta vez tivo a oposición máxima de Jorge Lorenzo, o de antano, agresivo, ambicioso, batallador ata a última volta. O resultado: unha carreira para o recordo.

Porque se botaba de menos ao Lorenzo de sempre, esta versión competitiva que renaceu en Mugello. Aquí, onde sumaba tres triunfos consecutivos e onde só o imbatible Márquez puido con el. Será por ese estado físico que parece estar a afinar, á fin. Pero o balear mostrouse voraz dende a mesma saída, cando a punto estivo de arrastrar a Pedrosa, cando case choca con Crutchlow. Deixouse a pel polo primeiro posto, vella táctica, e intentou a escapada en solitario.

Porque por atrás Márquez, que partía dende a pole, tivo algún problema máis. Pugnou con Andrea Iannone, varias pasadas ao fío, mentres Rossi remontaba dende a décima praza. Cando rematou a resistencia da Ducati Pramac, rapidamente ordenouse a proba.

A falta de 18 xiros, cando Márquez asinou a volta rápida, xa estaba enriba de Lorenzo, quen gozara de ata un segundo de vantaxe. Non moi lonxe, terceiro, Rossi (a súa posición final), aínda que non aguantaría á parella. Moito peor Pedrosa, estancado dende o comezo, remontado a duras penas ata a cuarta praza final.

Ao final, Lorenzo non puido cortar o refacho de Márquez. Non obstante, Mugello deixa unha conclusión esperanzadora: Lorenzo volveu.

Laura Abad Álvarez, 4ºA de ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 07-06-2014 14:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal