Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Galicia sitúase á cabeza de España de bandeiras azuis

Galicia sitúase á cabeza de España con maior número de bandeiras azuis, tras conseguir 123 distincións en praias de 36 municipios costeiros. No conxunto do Estado outorgáronse 681 -573 a praias e 108 a portos deportivos- en 2014, manténdose á cabeza do hemisferio norte e rexistrando o seu mellor resultado histórico tras sumar 23 bandeiras en areais e 11 en portos deportivos.

O municipio con máis bandeiras segue sendo Sanxenxo, con 14 praias, mentres que se une aos municipios distinguidos o concello pontevedrés de Redondela. O Concello de Cangas do Morrazo, ademais, mantense como un dos concellos con maior número de areais, xa que aos sete que tiña o ano pasado, engade tres máis -Arneles, Francón e Areacova-, seguido de Vigo. Ademais, o municipio de Bueu obtén unha nova bandeira, para a praia de Lapamán.

Na provincia da Coruña, o municipio de Arteixo é o que acumula o maior número de galardóns deste tipo, mentres que en Lugo son Barreiros e Foz os máis premiados. O resultado do conxunto do Estado supón que nunha de cada cinco praias españolas ondeará este verán a "bandeira azul", así como unha de cada seis "bandeiras azuis" que ondean no mundo o farán este verán no litoral español. Desta forma, España recibe 34 bandeiras máis que en 2013, grazas aos aumentos rexistrados en Baleares con 85 (+23) e Murcia con 33 (+7) que recuperan e superan as perdas acumuladas en anos anteriores.

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 14:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal