Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A moda vintage volve aos nosos armarios
"Vintage" trátase dunha palabra inglesa que pode traducirse como "vendima", aínda que se utiliza no noso idioma para designar os obxectos antigos de deseño artístico e boa calidade.

O significado do concepto ten unha lóxica. Na antigüidade, as adegas usaban o termo para nomear os viños que producían coas súas mellores colleitas. A idea de vintage despois estendeuse a outros produtos, sobre todo a aqueles relacionados coa moda ou o deseño.

O vintage é unha manifestación da cultura posmoderna. É produto da perda de fe no progreso e o desencanto do motor da innovación propia da modernidade. Así, en vez de mirar ao futuro, recórrese con nostalxia a elementos de eras pasadas, pero carentes de significado orixinal. Deste xeito, a moda sérvese do pasado por motivos estéticos, onde se mesturan elementos de distintas épocas e lugares, descontextualizados da súa función e razón orixinal.

Nos últimos anos a moda vintage consolidouse como un auténtico referente nas pasarelas de todo o mundo. O auxe da estética vintage viuse acrecentado por iconas da moda como Dita Von Teese, modelo, actriz e bailarina que viste case exclusivamente con pezas de segunda man, ademais de peitearse e maquillarse segundo a época correspondente. Non obstante, tamén apostan por este tipo de pezas a sempre polémica modelo británica Kate Moss, a exitosa cantante norteamericana Katy Perry ou a afamada relacións públicas Olivia Palermo.

Alba Baltar Janeiro, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-05-2014 13:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal