
Dezanove horas, sete minutos e 55 segundos tardaron un centenar de afeccionados de todo o mundo en montar en Valladolid as 33.600 pezas que compoñen o crebacabezas máis grande do mundo. O reto para compoñer o crebacabezas «Vida Salvaxe», de Educa, formulouno en Valladolid a Asociación Española do Crebacabezas e o Concello da capital do Pisuerga baixo a Cúpula do Milenio.
Foise compoñendo peza a peza ata debuxar un mural panorámico de cinco metros e setenta centímetros por un metro e 57 de alto. Este valisoletano xunto ao seu irmán Fernando forman parte da Asociación Española do Crebacabezas, pero tamén dunha familia de nove irmáns nos que a afección lles vén dende que naceron e se remonta aos seus bisavós.
O reto comezou a iluminarse ás 20.00 horas dos pasado venres, dentro das festas de San Pedro Regalado, patrón da capital, e concluíu 19 horas despois. Participaron un centenar de afeccionados de toda España e de países como Francia, Italia, Portugal, Bélxica, Hungría, Eslovaquia, Finlandia, Polonia e mesmo de México, Ecuador e Perú.
É «unha imaxe moi atractiva con moitos detalles, moi ameno» e cun grao de dificultade non moi alto, polo que non requiría un grao de experiencia moi elevado a diferenza do seu récord anterior, o entón crebacabezas máis grande do mundo, "Dobre Retrospectiva", da firma Ravensburger, que completaron en 82 horas en Daimiel (Cidade Real).
Este éxito seguírono en directo 34 países a través de «Reto Salvaxe», a web creada ao efecto pola asociación nacional do crebacabezas para este evento.
Patricia González Fernández, 4ºA da ESO. |