Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Egeria, a primeira peregrina da historia
Un documental seguirá o itinerario da dama galega que a finais do século IV viaxou á Terra Santa e cuxo manuscrito constitúe unha importante fonte histórica e lingüística.

Entre os anos 381 e 384 da nosa era, unha muller culta e rica da Gallaecia romana realiza unha viaxe á Terra Santa chea de perigos e incomodidades. A rodaxe do documental "Egeria", a primeira peregrina, que comeza este mes en Xerusalén, trae á actualidade a figura dun personaxe enigmático que deixou por escrito no seu Itinerarium ad Loca Sancta as impresións desa apaixonante aventura, o que a converte na primeira escritora española de nome coñecido e unha das primeiras mulleres que escribe en latín.

O Itinerarium de Egeria é un documento de grande interese para o coñecemento da liturxia dos primeiros séculos do cristianismo ao tempo que proba a antigüidade da tradición que identifica os Santos Lugares. Trátase dun testemuño de primeira man que recolle numerosos costumes da época e ten ademais un valor filolóxico, pois inclúe locucións do latín popular tardío.

Sandra Tornero Belloso, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-05-2014 23:56
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal