Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O neno xa non sabe que récords non bateu

Non era un día normal ou unha carreira máis, ou un simple e merecido trofeo que engadir á súa colección. O Gran Premio de España foi para Marc Márquez a súa carreira número 100 no Mundial de Motociclismo, e a súa cuarta vitoria consecutiva nesta tempada de MotoGP.

Era a súa primeira vitoria nun circuito mítico tan significativo como Xerez. Actualmente é o primeiro piloto, dende Mike Doohan en 1992, que gaña as catro primeiras probas dun Mundial de MotoGP.

Cada Gran Premio que pasa, o español de 21 anos supera un novo récord e acércase a ser recordado como un dos mellares pilotos da historia. O seu ritmo de "poles" e vitorias parece non ter fin. De aí que un mito como Giacomo Agostini declarara a semana pasada no diario AS que "se alguén podía gañar todas as carreiras dun campeonato, ese era Marc Márquez".

Como dono do asfalto que é, Márquez só tardou dúas voltas en escapar do grupo e executar sen ninguén por diante un paseo militar medido décima a décima ata ver a bandeira a cadros indicando o final.

O piloto que se atreveu a discutir o seu posto en Xerez foi o seu ídolo Valentino Rossi. O piloto xa non é o que foi cando Márquez tan só era un neno, pero iso non impide que deixe sinais da súa gran calidade.

Márquez suma xa 100 puntos na clasificación xeral, a 28 de Pedrosa e 65 de Lorenzo, que está a anos luz do seu mellor nivel, demostrado en tempadas anteriores.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 08-05-2014 20:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal