Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

40 aniversario de Hello Kitty
Retratarse sostendo un enorme lazo de cartón sobre a cabeza converteuse na forma idónea de celebrar o 40 aniversario de Hello Kitty no barrio tokiota de Shibuya, meca da moda xuvenil nipoa que estes días festexa o seu particular idilio co personaxe.

Parellas de noivos, grupos de amigas, familias con nenos... O caso é sacarse a instantánea no estand habilitado nun popular centro comercial da zona e logo vela publicada nunha conta de Twitter (kitty40_HUG) dedicada ao aniversario do icónico felino.

Esta é unha das iniciativas que Sanrio, a compañía que concibiu e posúe os dereitos de Hello Kitty, programou para o aniversario e que se enmarca nunha campaña global que consiste en dar abrazos ao gatiño (en realidade, a alguén disfrazado dela) para felicitala polo seu 40 aniversario. En abril, a cifra superou en todo o mundo os 200.000 «abrazos», e máis do 98% destes déronllos en Xapón.

Dentro do país asiático, o mico con lazo e sen boca logrou ser algo máis que unha figura recoñecible: é unha efixie que logrou conquistar a tres xeracións de mulleres e que vai xa a pola cuarta, todo un logro no marco da sociedade de consumo.

O particular culto orixinouse en 1974 con algo tan sinxelo como un moedeiro de vinilo transparente. Aí apareceu por primeira vez a creación da deseñadora Yuko Shimizu, que debuxou cun trazo case elemental ao gatiño branco sentado de perfil entre unha peixeira e unha botella de leite.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2014 19:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal