Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Robot español nun concurso da NASA
Un robot de exploración espacial, deseñado por un equipo de enxeñeiros aragoneses, foi seleccionado pola NASA entre 500 proxectos de todo o mundo, para competir na final do concurso SpaceApps que cada ano organiza a axencia espacial estadounidense. Este aparato, bautizado polos seus catro creadores co nome OpenCuriosity espertou o interese dos técnicos da NASA, no "hackathon" internacional -evento que reúne programadores informáticos- que tivo lugar a mediados de abril, de forma simultánea, en 90 cidades do mundo.

Entre elas, Zaragoza, cidade que acolleu por primeira vez a celebración deste evento no que científicos, enxeñeiros, investigadores e, sobre todo, mozos creativos achegaron solucións a desafíos globais ao longo da fin de semana. Nesas 36 horas de intenso traballo, este equipo aragonés, formado por catro enxeñeiros de distintas idades, desenvolveu o OpenCuriosity, un robot capaz de moverse en calquera terreo para realizar medicións cos seus dispositivos electrónicos.

Así, este aparato, concibido nun principio para explorar Marte, ten capacidade para medir a temperatura, a radiación, a humidade ou perforar a superficie para tomar mostras das rochas do planeta vermello. Pero a novidade deste robot radica en que calquera cidadán poida acceder á información que, en tempo real, estea a captar o robot.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 05-05-2014 18:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal