Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Despois de catro meses e medio de traballo, o Parlamento Mozo 2014 chegou á súa fin
A nosa aventura comezaba un dous de xaneiro deste mesmo ano no café El Cercano. Alí, os cinco membros do equipo quedamos para enterarnos de que ía a cousa e ir preparando o tema que nos propuxeran para a fase clasificatoria: Sofren as novas xeracións un retroceso sexista e na tolerancia ás diferenzas persoais?

Despois de case dous meses de traballo, de bloqueos, de angustias, de enfados e tamén de momentos de ledicia, chegamos á Coruña. Alí aloxámonos no Pazo de Mariñán. Pola noite enterámonos de que nos tocaba debater ao día seguinte cun dos equipos preferidos para gañar a competición. Desilusionámonos un pouco, pero axiña nos puxemos a traballar. Déronnos as cinco da mañá cando fomos durmir. Estabamos todos moi cansos; algún que outro non sabía nin como se chamaba. Ao día seguinte, na Deputación da Coruña, debatemos co IES Laxeiro de Lalín, e como todos agardabamos, perdemos. Nas escaleiras fixemos unha pequena reflexión sobre o debate. Todos os santos nos escoitaron, sobre todo, o San Pito Pato. Logo dispuxémonos a xantar e, tras momentos de calma, debatemos dúas veces máis, que se saldaron con dúas vitorias ao noso favor. Finalmente, a media tarde, anunciáronnos que o noso colexio pasaba á seguinte fase, empatado a puntos co IES de Becerreá. Con estas novas, marchamos a Ourense a preparar os seguintes debates.

O día previo do Entroido marchamos a Santiago a debater cos de Becerreá para desempatar, e conseguir, así, o sétimo posto. Tras un intenso debate, perdemos por unha escasa diferenza e, en consecuencia, ao conseguir o oitavo posto, tocábanos debater co quinto clasificado, o Colexio La Salle de Santiago, outro dos equipos favoritos. Marchamos a Ourense a desfrutar do noso Entroido e tamén a descansar un chisco do Parlamento.

Despois de dúas semanas de acougo anunciaron o novo tema de debate: Debe primar a seguridade nacional sobre a intimidade persoal? Puxémonos a traballar duramente. Ao principio nada valía, xa que era un tema moi difícil pero, finalmente, deixándonos a pel traballando, sacámolo adiante e, o día 25 de abril, marchamos á fase final en Santiago. Os nervios asomábanse claramente nos oradores, e ás oito da tarde comezou o parlamento. Despois de 32 minutos de enfrontamento dialéctico, rematamos con moi boas sensacións. O público que estaba na sala congratulounos polo bo debate que fixeramos. Despois da deliberación dos xuíces, chegou o momento da desilusión; o equipo do Colexio Plurilingüe Divina Pastora quedaba eliminado. Logo de momentos duros para o equipo, fomos pasear pola capital galega e ás dúas da mañá voltamos dispostos a durmir, rematando así a nosa experiencia neste Parlamento.

PD: Gustararíame agradecerlle en primeiro lugar aos meus compañeiros Ana, Elena e David todos os momentos compartidos, tanto bos como malos; sen vós nada sería posíbel. E tamén agradecerlle ao capitán do equipo, Xián, todos os consellos, broncas, etc. xa que grazas e el, estou seguro que nestes últimos catro meses, a nosa árbore intelectual medrou, cando menos, un chisco.

"Nunca unha derrota, sempre una lección".


Carlos Seoane Martínez, 1ºB de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 04-05-2014 22:09
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal