Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

40 anos da Revolución dos Caraveis
O recente 25 de abril cumpríronse xa corenta anos da Revolución dos Caraveis. Nela, os militares portugueses subleváronse contra a ditadura de Salazar. O Exército rebelouse de forma pacífica para tentar instaurar un réxime libertario. Portugal entrou nunha fase de liberdade que nunca antes vivira, posto que a república fora interrompida por Oliveira Salazar e a súa ditadura fascista. Durante o réxime, o presidente republicano estaba ás ordes de Salazar que xa tiña formada unha institución policial fascista, a PIDE. Convocáronse eleccións ó longo deste período, mais os mandatarios utilizaban a fraude electoral para resultar gañadores de novo.

O dito réxime provocou que, a pesares da súa riqueza, o territorio portugués fose un dos máis pobres a nivel europeo.

Xa con Marcelo Caetano como gobernante (sucesor de Salazar), desenvolveuse o maior problema do réxime: nas colonias loitábase por unha independencia á que os fascistas responderon con masacres da poboación e escravitude para os colonos.

As Forzas Armadas eran rexeitadas polos mozos, que se vían obrigados a exiliárense para librárense de ingresar no Exército. Tamén os militares rexeitaban pelexar, cansos de batallas sen sentido. Deste xeito, formaron o Movemento das Forzas Armadas que se rebelou contra a ditadura salazarista. A maioría deles eran capitáns, polo que tamén se lles coñeceu como os Capitáns de Abril. Tentaban chegar á democracia sen violencia.

Así, o 25 de abril do 1974 as tropas saíron á rúa. Unha muller comezou a repartir caraveis aos soldados, caraveis que foron colocados nos canóns das armas. A Revolución logrou triunfar sen derramar máis que o sangue de catro persoas en Lisboa, que recibiran os tiros da policía criminal da DGS da ditadura. A súa memoria perdurou no pobo portugués a través dunha canción de Zeca Afonso, "Grândola, Vila Morena".

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 22:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal