Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O secreto da lonxevidade
O mérito desta muller holandesa foi non só o de chegar aos 115 anos de idade (morreu en 2011). Tamén o feito de doar o seu corpo á ciencia, grazas ao cal un grupo de investigadores puido dar cun dos segredos da lonxevidade.

O estudo das células sanguíneas de Hendrikje van Andel-Schipper acaba de ser publicado polos seus autores, pertencentes a universidades de Holanda e Estados Unidos, na revista "Genome Research", e revela que durante a súa longa vida os seus leucocitos experimentaran máis de 400 mutacións.
Foi en 2011, tras o falecemento de Hendrikje, cando os científicos puideron estudar o seu xenoma. Agora, coa información xenética dos seus glóbulos brancos chegaron á conclusión de que gran parte das mutacións foron inofensivas.

Nas conclusións do estudo, os científicos desvelan que no momento da morte da anciá o sangue periférico "derivaba de dúas únicas células nai hematopoiéticas activas". Isto quere dicir que "a medida que envellecemos, a reserva de células nai hematopoiéticas diminúe ata que todas as nosas células son clons de só unhas poucas células parenterais".

Os investigadores aclaran que a medula ósea humana contén unhas 11.000 células nai hematopoiéticas, das que 1.300 se dividen de xeito activo e renovan as nosas células sanguíneas. Non obstante, no sangue de Hendrikje van Andel-Schipper, a maior parte das células derivaba de só dous desas células nai.

A anciá, a pesar da súa idade, estaba sa e conservara ata o seu falecemento as súas facultades mentais en perfecto estado.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-04-2014 19:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal