Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O monumento aos Mártires de Carral.
O historiador e primeiro presidente da Academia, Manuel Murguía fora o impulsor dunha interpretación dos feitos do 46 na que o elemento galeguista (provincialista) e o progresista do alzamento de Solís aparecen ligados de forma indisoluble. Así, nas páxinas de Los Precursores (1885), o Patriarca sitúa a Antolín Faraldo, heroe do 46 finado no desterro e principal ideólogo do provincialismo, no primeiro capítulo dun libro en cuxo limiar se declara que: "La importancia de nuestros hombres la medíamos por lo hecho a favor y por la gloria de la pequeña patria".

A inauguración deste monumento supuña, pois, a culminación dun longo proxecto iniciado case cincuenta anos atrás, durante o Bienio Progresista (1854-1856). Nestas datas, o 26 de abril de 1856, Murguía asinaba, aos 22 anos, un artigo titulado Aniversario nas páxinas de La Oliva, no que evocaba a Batalla de Cacheiras que el presenciara sendo rapaz nas rúas de Compostela dez anos antes, e facía referencia tamén ao proxecto do goberno liberal daquela no poder de erixir unha estatua aos "mártires de Carral" que el consideraba superfluo: "¡Hoy quiere elevárseles un monumento! ¡Un monumento! ¡Preguntad a los que les han llorado, en su infortunio, preguntadles si lo necesitan! No, os dirán: su monumento está aquí, y os señalarán el corazón".

Pouco podía agardar Murguía que ese monumento aos Mártires de Carral había tardar aínda case medio século en ser construído grazas ao apoio económico da emigración galega en América, e dunha listaxe de subscritores locais entre os que figuran Carolina Michaëlis, Eduardo Vincenti, Göran Bjorkman, Lugrís Freire, Tettamancy, Justo G. Areal, Andrés Martínez Salazar, Murguía, Pondal, os irmáns Florencio e Leandro Vaamonde, ou o anónimo "un labrego", e que se pode consultar completa nesta ligazón. [PDF 1.6Mb]

Xantar celebrado na horta de Alejos Bissi, en Carral. Entre os comensais, Francisco Tettamancy, Uxío Carré e Manuel Murguía.
Xantar celebrado na horta de Alejos Bissi, en Carral. Entre os comensais, Francisco Tettamancy, Uxío Carré e Manuel Murguía.

Co pasar do tempo, esta escultura converteuse nun verdadeiro lugar de peregrinación para as sucesivas xeracións de mozos e activistas galeguistas que o consideraron un símbolo do renacer galego e celebraron ao seu pé numerosas homenaxes e actos cívicos.

Por Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-04-2014 19:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal