Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un total de 14 cines galegos súmanse esta semana á VI edición da Festa do Cinema
A sexta edición da festa do cinema regresa a próxima semana, os días 31 de marzo, 1 e o 2 de abril, nunha cita á que se sumaron un total de 14 cines galegos. Deste modo, como en anteriores ocasións, os espectadores que pasen por taquilla e mostren a súa acreditación poderán ver por 2,90 euros cada sesión de todas as películas nas salas que participan na promoción durante estes tres días.

Esta é unha iniciativa á que se uniron o 99 por cento das salas de toda España e que pretende fomentar a asistencia do público aos cines de todo o país.

Así, no caso galego os cines son os seguintes: Na Coruña (Yelmocines Espacio Coruña, Yelmocines Rosales, Cinesa Marineda City); en Carballo (Bergantiños); en Ferrol (Duplex); en Narón (Odeón multicines); en Santiago (Cines Ás Cancelas); en Ribeira (Barbanza); en Monforte de Lemos (Hollywood); en Ourense (Ponche Vella); en Vigo (Praza Elíptica e Yelmocines Vigo); en Pontevedra (Cinexpo); e en Vilagarcía de Arousa (Grande Arousa).

Esta vez, como novidade e para evitar as longas colas, os que desexen beneficiarse deste desconto poden comprar as entradas sen esperar para acceder á taquilla, senón que abondará con adquirir as entradas a través dos caixeiros que hai nos propios cines ou ben a través de Internet.

Esta iniciativa está organizada por FAPAE, FEDICINE, FECE, e o Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais (ICAA) e con ela preténdese fomentar a asistencia de público ás salas cinematográficas españolas.

Nerea Rial Conde, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal