Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Estudosos do galego en Europa participarán en Santiago nunhas xornadas para a difusión internacional desta lingua
O conselleiro de Cultura considera a iniciativa como un espazo de "actualización sociolingüística" para valorar "o futuro" do idioma
Estudosos da lingua galega en Europa participarán en setembro, en Santiago de Compostela, nunhas xornadas para a difusión internacional desta lingua, promovidas polo Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia.

Esta constitúe unha das iniciativas promovidas en virtude dun convenio para a colaboración na difusión da lingua galega subscrito este martes entre o conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, e opresidente do Consello da Cultura, Ramón Villarés.

Villares subliñou que as conclusións destas xornadas, nas que colaboran unha profesora da Universidade de Edimburgo e o profesor da Universidade de Santiago de Compostela Enrique Monteagudo, aspiran a ser publicadas nunha revista "de prestixio" fóra de España.

"Este programa ten que ver con moitos dos problemas que teñen hoxe tanto a normalización como as políticas lingüísticas no seu estatus e evolución", sinalou Ramón Villarés.

Pola súa banda, Jesús Vázquez explicou que este encontro internacional de especialistas, profesionais e investigadores da lingua galega se atopa no marco da iniciativa 'Galicia Language'. Ademais, subliñou a finalidade de que as conclusións que se extraan se convertan nunha "obra de referencia" para os profesionais da lingua.

Estas xornadas serán un "espazo de actualización sociolingüística" e "reflexión", ademais de que servirán para valorar "as perspectivas de futuro" do idioma, sinalou o conselleiro de Cultura.

Por iso, destacou que este foro permitirá "establecer as bases metodolóxicas e conceptuais" dun volume monográfico da lingua galega de difusión internacional, que servirá como "obra de referencia" para os ámbitos académicos.

Beatriz Pereiras López, 1º Bach. B.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 21:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal