Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Schumacher, sen novas mellorías
As noticias sobre o estado do piloto de Fórmula 1 Michael Schumacher chégannos a contagotas. Moitas son as esperanzas por parte da familia do heptacampeón do mundo e dos fans, que queren que o piloto se recupere o antes posible e poida á fin espertar da coma á que está inducido.

Non obstante, hai persoas que son aínda realistas ante a situación e claman ao público que haxa paciencia e que esteamos pacientes a todo o que poida acontecer.

O exxefe médico de Fórmula 1 durante os anos 2005 a 2012 e que compartiu tempo con Schumacher, Gary Harstein, conta tanto no seu blog coma en varios medios, que cre que houbo un erro ao trasladar ao piloto primeiro ao Hospital de Albertville-Moutiers para logo pasar a trasladalo ao Hospital de Grenoble, facendo que se perdese tempo fundamental para a saúde do piloto. "Non colles a pacientes cunha lesión na cabeza se non tes capacidades de neurocirurxía", declaraba o exxefe médico da Fórmula 1 para o xornal The Sun. O mesmo médico cre que tamén puido ser un erro non trasladar ao piloto a outro hospital próximo ao seu fogar e con mellores equipacións para tratar o estado de Schumacher, tal e como escribía no seu blog particular.

Agora, Corinna, a muller do heptacampeón de Fórmula 1, xa fai plans para trasladar ao seu marido ao seu fogar xunto ao lago Xenebra en Suíza. Para iso, segundo publica o xornal Daily Mail, habilitou un cuarto da súa mansión como unha UVI móbil para que o piloto se recupere tras un accidente de esquí que sufriu hai exactamente tres meses. Corinna, segundo o rotativo inglés, gastou algo máis de 12 millóns de euros na adaptación da estancia nunha suite médica.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 18:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal