Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os premios Laureus recoñecen a Nadal e Márquez
Os españois Rafael Nadal, que gañou tras sete meses de lesión Roland Garros e o Abierto de Estados Unidos de tenis, e Marc Márquez, que o ano pasado se proclamou o campión mundial de MotoGP máis nova da historia, foron galardoados hoxe, en Kuala Lumpur, cos Premios Laureus de "Mellor regreso" e "Revelación do ano", respectivamente.

Nunha cerimonia que tivo lugar este mércores, no Istana Budaya de Kuala Lumpur, a capital de Malaisia, ambos os dous españois foron galardoados con estes dous Premios da Academia que preside o ex saltador de obstáculos estadounidense Edwin Moses.

Márquez, de 21 anos, é triplo campión do mundo -unha vez en cada categoría- e vencedor en 33 Grandes Premios, deles sete en MotoGP, dezaseis en Moto2 e outros dez na primeira categoría.

Márquez foi o máis votado de entre unha lista na que tamén estaban a selección de críquet de Afganistán, o atleta alemán Raphael Holzdeppe, o ciclista colombiano Nairo Quintana e os golfistas Justin Rose (Reino Unido) e Adam Scott (Australia).

Nadal, de 27 anos, campión olímpico en Pekín'08, que non asistiu á gala ao estar a disputar o Masters 1000 de Miami, regresou o ano pasado tras sete meses ausente por lesión e se impuxo en Roland Garros e no Abierto de Estados Unidos, aumentando a trece o seu número de títulos de Grand Slam e recuperando o número un mundial.

O tenista español impúxose na votación aos outros nominados, que eran a pertegueira rusa Yelena Isinbayeva, o Oracle Team USA de vela, o baloncestista francés Tony Parker, o futbolista brasileiro Ronaldinho -ex xogador, entre outros, do Barcelona- e o golfista estadounidense Tiger Woods.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 30-03-2014 18:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal