Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Banco Etcheverría abre unha oficina en México con vistas ó mercado financeiro galego.

O Banco Etcheverría, que forma parte de Banesco Grupo Financiero internacional, presentou unha oficina en Cidade de México, que pon en marcha co obxectivo de "facilitar" o comercio exterior e a internacionalización de empresas entre Galicia e México.
A presentación tivo lugar con motivo do 'Foro Empresarial México-Galicia: Oportunidades de inversión en internacionalización', organizado por Banco Etcheverría Grupo Banesco, no que participaron máis de 100 empresarios mexicanos e españois.
O encargado de presidir o acto foi Juan Carlos Escotet Rodríguez, presidente do Grupo Banesco, mentres que o titular da Xunta, Alberto Nuñez Feijoo, o clausurou. Interviñeron tamén Francisco Botas, conselleiro delegado do Banco Etcheverría Grupo Banesco, e o conselleiro de Economía, Francisco Conde.
Segundo informou a entidade nun comunicado, o obxectivo do Foro é apoiar a crecente inversión española en México, "favorecendo e axudando a internacionalización das empresas". Tamén pretende facilitar e financiar as operacións de comercio exterior bilateral, incluíndo operacións de empréstito a favor de entidades mexicanas.
Banco Etcheverría ten como principal accionista a Banesco dende decembro de 2012. Coa adquisición, o pasado mes de decembro, de NCG Banco, alcanza as 689 oficinas, situadas principalmente en Galicia, León e Asturias.
Unha vez consolidada a súa alianza con Banesco, o Banco Etcheverria acomete un proxecto de expansión en Hispanoamérica que comeza coa apertura de oficinas de representación en Caracas, México e Panamá. Nunha segunda etapa chegarase a Brasil, Arxentina e Estados Unidos.

Por Serxio María.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 23:39
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal