Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crítica á película de "O lobo de wall Street".
O dueto Scorsese-DiCaprio volveu a facelo, volveu a facer que pagar unha entrada de cine deixe bo sabor de boca. Co Lobo, Scorsese cóntanos a historia real baseada no libro homónimo de Jordan Belfort, corredor de bolsa durante os anos noventa que se fixo rico coa súa empresa Stratton Oakmont vendendo accións de a centavo e timando á xente e operando á marxe da lei. Mediante a sátira ao mundo das altas esferas e o descontrol preséntase ante nós unha das que pode ser unha das películas máis divertidas e ben feitas dos últimos anos.Vemos como Belfort levanta un imperio da nada e axiña ponse a gañar miles e miles de dólares, ademais de presenciar os seus derroches de diñeiro en drogas, prostitutas e alcohol. Posteriormente vemos a súa caída, propiciando un gran final non carente de reflexións. Mediante un humor negro sempre presente no filme, Scorsese é quen de nos narrar unha historia triste pero que fai que empaticemos cos personaxes.
En canto á película, presenta poucos defectos; a pesares da súa duración de tres horas faise entretida e atrativa para o público, e fai que non te despegues da cadeira nin un segundo, grazas á súa historia e o seu humor constante. Tras películas de corte máis “seria” como pode ser Shutter Island, preséntasenos unha película fundamentalmente de humor, pero que esconde unha moralexa e serve de sátira contra o mundo das altas esferas laborais e contra a vontade humana mesma. O camaleónico DiCaprio volve impresionarnos coa súa interpretación dun rico sen escrúpulos, pero co que somos quen de empatizar e rirnos das súas desgrazas. Xa en Shooter Island veramos ao mesmo dueto Scorsese-DiCaprio facer unha gran película cun final sorprendente. O resto do elenco de actores non se queda atrás: vemos a MacConaheuey saírse tendo soamente nos dez minutos aproximadamente que sae, participando nunha das escenas máis famosas da película. Tamén vemos a un espléndido a Jonah Hill, quen anteriormente estaba encasillado en películas de comedia “pasábeis” coma “Supersalidos” saíndose facendo de mellor amigo de Belfort e desenvolvendo un papel moi ben interpretado, que lle concedeu unha nominación ao Óscar.
O humor presente durante o filme corresponde aos tintes do humor negro e desenfrenado, resultando políticamente incorrecto para moitos nalgúns casos pola súa salvaxidade e carencia total de reparo algún en “censuras”. O feito de convertir unha historia a priori “tópica”, ao se tratar da historia de auxe e caída vista por exemplo en Scarface, nunha película humorística, facendo das desgrazas humanas motivo de risa é un gran logro por parte dos guionistas, que fan un traballo magnífico á hora de facernos rir e reflexionar inconscientemente co que vemos na pantalla. Aparte dos constantes gags, o guion inclúe algúns momentos, coma os discursos realizados por Belfort aos seus empregados, cargados de melancolía e sentimento. A historia presenta uns puntos de corte ben postos, cun guión ben montado e fluído reitero, facendo exhibición dun humor negro brutal; mais debido a isto mesmo, o seu total desparrame de humor pode non resultar atrativo ou semellar “ofensivo” para o público máis sensible ou conservador. Quizais por isto mesmo tivo dificultades para sobresaír nos Óscar.
Os apartados técnicos bríndannos un montaxe audiovisual espléndido, cunha banda sonora acorde aos momentos nos que se desenvolve a acción e axudando a meternos na película. Destaca a sorprendente intervención dos Foo Fighters, cuxa canción “Everlong” aparece no filme. Os xiros de cámara, proporcionando unha gran contraposición de planos e axudando a facer máis levadeiro o desenvolvemento da acción, así coma o vestiario, ben inspirado na época, fan do apartado fotográfico un dos máis notables.
E ben, Scorsese tráenos unha película que repasa algúns temas presentes na sociedade de hoxe en día: a corrupción, as ambicións sen control dos seres humanos, o desfase e o sincontrol, e os cambios que produce a riqueza na xente. Mais o tema de contalo todo mediante unha gran sátira humorística fai do Lobo unha experiencia cinematográfica moi grata. Personalmente, creo que é unha película digna de ver; dende o meu punto de vista DiCaprio merecía o Óscar a mellor actor, non só por xustiza divina e polo resto da súa carreira, proporcionándonos maravillosas interpretacións noutras produccións súas, senón pola magnífica interpretación que fai de Belfort. É incrible. O feito de que este filme quedase tan corto nos Óscar da moito que pensar, xa que a crítica, e non soamente eu, a aclama. Se queres ver unha película e sobre todo es aberto de mente, o Lobo encantarache. É unha película que atrae, sexa polo seu apartado visual, musical, ou porque queiras simplemente pasar un bo rato no cine. Facía moito que non me divertía tanto no cine, e, sinceramente, volvería a pagar unha entrada para volvela a ver, e poucas películas teñen ese toque máxico de facer reflexionar e deixar coa boca aberta.
¿Recoméndoa? Mandaríavola ver.

Por Alexandre Sueiro.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 22:26
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal