Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

A Industria da Banda Deseñada en España.
Como todos, ou case todos, sabemos, España non é un país acertado en decisións políticas, económicas...etc. Gustaríame tratar o tema da banda deseñada, comic, tebeo, historieta ou como se chame. Desde fai xa uns anos observamos que en España a industria do cine non acaba de funcionar, quitando a algúns coma Alejandro Amenábar ou Jaume Balagueró, a maior parte dos directores de cine españois dedícanse a facer películas ríndose do propio país. ¿Por que empurrar ao cine e non á banda deseñada? O comic é un seitor que sempre tivo un cariño especial por parte de moita xente en España. Dende o meu punto de vista existe un enorme potencial nesta área da literatura, tan só hai que pensar en cales son as maiores personaxes ficticias da España contemporánea: Mortadelo e Filemón, Zipi e Zape, O Capitán Trueno... Aínda que soe esaxerado, estes son os Don Quijotes da nosa época, pero seguimos sen tomar en serio esta industria. Quizais debiamosnos fixar no exemplo de Xapón. A día de hoxe, o manga (banda deseñada propia de Xapón) constitúe o 40% de todas as ventas de lecturas no país do sol nacente, é dicir, de cada 100 revistas, libros, xornais, manuais...etc que se mercan en Xapón, 40 son mangas. Se sumasemos a cantidade de tomos vendidos de Bola de Dragón e á cantidade de tomos vendidos de One Piece, obteríamos unha suma duns 425 millóns de exemplares. É máis, xunto aos aparatos electrónicos (Sony e Nintendo son xaponesas) o manga é unha das maiores exportacións de Xapón (Bola de Dragón, Supercampeóns, One Piece, Doraemon, Shin-Chan...etc.). Volvendo ao fío, o cómic, debería ser tomado máis en serio, tanto coma o cine, a literatura escrita,... etc. Adentrándonos en Galicia, cabe destacar, por exemplo, a obra "Ardalén" de Miguelanxo Prado, que gañou múltiples premios. Concluíndo. Os autores de banda deseñada son auténticos artistas. Debuxan e guionizan, e a velocidades inhumanas, pero nunca serán tomados en serio neste país. Espero equivocarme. ¿Como se sentirá o mestre Ibáñez tras agasallar a todos os españois con dúas personaxes dese calibre como son Mortadelo e Filemón e ver que a industria do cómic é tomada coma cousas para nenos? Posiblemente, moi triste.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 17:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Eu penso que o problema radica en que os cómics son todos do mesmo tipo en España: Zipi e Zape, Mortadelo e Filemón...todos tratan temas do "humor"...se se tratasen outros temas con unha mínima seriedade teríamos máis ventas de cómics no país. Destaca o caso do debuxante Carlos Pacheco, que debuxou numerosos cómics para Márvel, demostrando en moitas ocasións #blgtk08#a súa destreza á hora de debuxar...en Galicia se mal non recordo a revista Golfiño tentaba dar un pulo aos autores de cómics e debuxos en galego; eu persoalmente a lía moitas veces e malia non recordar a maioría dos seus contidos recordo sempre un sorriso na miña face. Dende o meu punto de vista, o que falla non é o talento, senón a disposición e a temática.
Comentario por Alejandro Sueiro (15-03-2014 19:02)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal