Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O PRIMEIRO BICO
“First Kiss” é o nome que recibe un dos últimos vídeos virais que acaban de arrasar en Internet, concretamente na plataforma de Youtube. Tres minutos e vinte e oito segundos dura esta peza breve protagonizada por vinte persoas de a pé coa que a súa directora, Tatia Pllieva, logrou conseguir máis de vinte e sete millóns de visitas.
O vídeo ten como obxectivo captar as sensacións que os seres humanos experimenta cando se bican por primeira vez con outro individuo. Para conseguilo optou por reunir a vinte persoas descoñecidas, xuntalas por parellas e gravalas mentres algunhas se daban un pequeno bico e outras se entregaban a unha gran emoción acompañada de caricias, apertas e grandes bicos de “parafuso”.
Este pequeno grupo, para ser politicamente correctos, estaba composto por heterosexuais, homosexuais e lesbianas aínda que semellaban ser actores ben preparados para o “papel” que lles tocaba representar. Mais non se tardou moito tempo en saber que este vídeo é algo máis que unhas imaxes subidas á rede, pois xa se considera un anuncio ao estar patrocinado por unha marca de roupa. ¿Conseguiría esta marca a publicidade necesaria para aumentar as súas vendas?

UXÍA GARCÍA VÁZQUEZ; 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 15-03-2014 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal