Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Choran as seis cordas.
O pasado mércores 26 de febreiro, cheguei á casa, coma sempre, e tras uns 20 minutos preparando as cousas para comer, escoitei a meu irmán tocar un bo punteo na guitarra española, era Entre Dos Aguas. Fun onda el e díxenlle: "¡Paco de Lucía!". Meu irmán só respondeu unha cousa: "Morreu". Nese momento fun correndo ata porme diante do ordenador e busquei na Internet inmediatamente. Efectivamente, Paco de Lucía morrera, e unha enorme pena recorreu o meu corpo. Francisco Sánchez Gómez, coñecido como Paco de Lucía naceu o 21 de setembro do ano 1947 no municipio gaditano de Algeciras. Ao longo da súa carreira desenvolveu unha técnica inigualable no ámbito guitarrístico, sendo un dos músicos máis virtuosos do mundo. Se ben en España foi amplamente coñecido como guitarrista flamenco, sobre todo pola súa etapa de colaboracións co 'cantaor' Camarón de la Isla, cobrou gran fama no resto do mundo, especialmente en Estados Unidos e en Inglaterra, por fusionar o flamenco coa música clásica, na que era un mestre indiscutible, e co jazz (tocou en grandes festivais de jazz con outros grandes coma Al Di Meola ou Carlos Santana). Entre as os múltiples galardón que lle foron otorgados atopamos a Medalla de Ouro ao Mérito en Bellas Artes, o Premio Príncipe de Asturias e un doctorado Honoris Causa do Berklee College of Music. O pasado 25 de febreiro, cando disfrutaba dun día de praia en México cos seus fillos, un infarto cardíaco acabou coa súa vida. As mostras de dor, non só dende España, senón dende todo o mundo, foron enormes. Desde o cantante Alejandro Sanz, pasando pola súa sobriña e tamén cantante Malú ata o guitarrista de metal Zakk Wilde e outros moitos deron as súas condoenzas. Paco era incrible. A súa velocidade e o seu virtuosismo inigualables. Nunca ninguén interpretara nin interpretará tan ben o Concierto de Aranjuez do mestre Joaquín Rodrigo. O seu nivel como guitarrista era tan enorme que en certa ocasión, o grandísimo Mark Knopfler, ex-guitarrista dos Dire Straits afirmou que, tras ver a Paco tocar en directo, comprendeu que el (Knopfler), non sabía tocar a guitarra. En xeral, podo dicir que Paco de Lucía foi , quizais, o músico máis grande da historia de España e un dos máis grandes da historia da humanidade. Un mestre, un xenio.

Javier González Sobrado, 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 02-03-2014 20:59
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal