Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

PSOE, CiU, Esquerda Plural, UPyD, PNV e BNG piden ao Goberno que derrogue a LOMCE
O PP reclama unha mellora das oportunidades de futuro dos mozos a través dun sistema educativo de máis calidade

O PSOE, CiU, a Esquerda Plural (IU-ICV-CHA), UPyD, o PNV e o BNG piden ao Goberno nas súas propostas de resolución que derrogue a Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), tras o Debate do Estado da Nación no Congreso dos Deputados. Estas propostas preséntanse só unha semana despois de que o PSOE, CiU, Esquerda Plural, PNV, ERC, BNG, Coalición Canaria-Nova Canarias, Geroa Bai, e Compromís presentasen no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei pola que instan ao Goberno unha vez máis a derrogar a Lei. É máis, coa presentación desa proposición non de lei, "os grupos da oposición plasman nunha iniciativa parlamentaria o acordo asinado o pasado mes de xullo para derrogar a Lei Wert.
En cambio, dende o Grupo Popular centran unha das súas 15 propostas de resolución en instar ao Goberno a "mellorar as oportunidades de futuro dos mozos mediante o desenvolvemento dun sistema educativo de máis calidade, cunha estrutura dinámica, adaptado ao século XXI, cun sistema de avaliacións que garanta que todos os alumnos adquiren as competencias axeitadas, que asegure a equidade e a igualdade de oportunidades, e que proporcione unha oferta educativa mellor aos mozos que permita reducir o abandono educativo temperán".
Á súa vez formulan o fortalecemento e a dignificación da Formación Profesional, especialmente da Dual, o deseño da nova Formación Profesional Básica e o impulso dos niveis de Formación Profesional de Grao Medio e Superior.
Dende o PSOE tamén formulan na súa proposta que é vital garantir o mantemento dun sistema educativo baseado nunha educación pública de calidade, que conte coa participación das administracións e de toda a comunidade educativa, onde o consenso e o diálogo sexa o método e o "único camiño" para establecer as melloras do sistema educativo.
Á súa vez quere que se introduza no currículo educativo de todos os niveis a perspectiva de xénero e os conceptos de igualdade entre homes e mulleres, de diversidade familiar e sexual e da loita contra a violencia de xénero.
Como medida imprescindible para mellorar a FP, o PSOE quere que se elabore un Plan Estatal para o seu fomento, que contemple, polo menos, unha análise do número de prazas necesarias para acoller os aspirantes que non puideron acceder pola escaseza de oferta.
Mentres, CiU formula nunha das súas propostas de resolución a derrogación da LOMCE, ademais de instar ao Goberno a modificar a normativa vixente para que as axudas de transporte e comedor escolares se concedan tendo en conta criterios de renda das familias e non só a situación xeográfica, independentemente dos recursos económicos de cada unha delas.

Tamén quere que se dote as comunidades autónomas cos recursos económicos suficientes para conceder axudas para a adquisición de libros de texto, material escolar e reutilización de libros. Igualmente, reclama a recuperación das bolsas Séneca, que a Generalitat teña a competencia en materia de bolsas, así como revogar o IVE do material escolar.
Por parte da Esquerda Plural queren esixir ao Goberno que abra de forma urxente un proceso de negociación e diálogo coas administracións e a comunidade educativa, os interlocutores sociais e as forzas políticas para abordar as medidas que se consideren necesarias para mellorar o sistema educativo público.
Á súa vez desexa que a vete o cambio de titularidad, a "alienación ou privatización do patrimonio que integra a rede de centros públicos" existente, así como establecer unha moratoria aos concertos educativos, determinar o seu carácter subsidiario, equiparar o seu funcionamento e as condicións laborais do seu persoal ao dos centros públicos.
Á parte de solicitar que se garanta unha educación laica, plural e culturalmente respectuosa coa diversidade lingüística das comunidades autónomas, IU-ICV-CHA formula tamén que se rebaixen as taxas universitarias, auméntense as bolsas, dignifíquese o traballo do profesorado e do persoal investigador, entre outros puntos.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 14:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal