Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

POR ROSALÍA!
O 177º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro foi homenaxeado en varias cidades galegas pola Asociación de Escritoras e Escritores de en Lingua Galega o pasado 24 de febreiro. Este mesmo día aspira a marcarse como xornada de celebración na literatura galega, coa idea de regalar un libro e unha flor e coincidindo co remate do ano de Rosalía que comezara na mesma data no 2013 para conmemorar o 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
A fundación rosaliana presentou no auditorio da Casa-Museo de A Matanza, en Padrón, un libro-CD en conxunto coa radio autonómica galega e que se titulou "De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI". Nesta obra estarán recollidos numerosos versos inéditos escritos polos 36 poetas a partir dos que Rosalía publicara o seu famoso poemario.
Segundo destaca a fundación, o libro busca a mestura entre os acentos propios da escritora e a escrita contemporánea, dando como resultado unha das “antoloxías poéticas sonoras con textos inéditos máis extensas e plurais da historia da literatura galega”.

Uxía García Vázquez; 2ºBach A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal