Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O OLLO… A CÁMARA DA ALMA?
Un equipo liderado por investigadores do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) descubriron que o cerebro posee un sofisticado procesador de imáxenes similar ao dunha cámara dixital. Trátase do núcleo xeniculado lateral do tálamo, unha parte do cerebro que recibe información directamente dende a retina e a envía despois á corteza cerebral para a súa análise.
O estudo sostén que o ollo funciona como unha cámara dixital – a súa calidade depende do número de píxeles- e, polo tanto, a resolución da imaxe que proporciona ao cerebro tamén está limitada polo número de píxeles, ou células ganglionares, da retina.
"Os circuitos neuronais que forman o núcleo do cerebro interpolan para obter unha imaxen retiniana con maior número de píxeles e, por lo tanto, maior resolución aparente, o que permite ao cerebro incrementar o tamaño da imaxen retiniana antes de proceder a unha análise máis detallada", afirma Luis Martínez, investigador do Instituto de Neurociencias de Alicante, centro mixto do CSIC e a Universidade Miguel Hernández.
"Descubrimos que a relación entre os dous tipos celulares principales do tálamo, dúas masas esféricas de texido gris, situadas dentro da zona media do cerebro, permite compensar os efectos adversos da interpolación da mesma maneira que o faría, por exemplo, unha cámara digital", precisa o investigador do CSIC.
A única limitación é a cantidade de cable utilizada para conectar a retina co cerebro, que é a mínima necesaria para xerar un circuito funcional, un principio xa enunciado por Cajal fai máis dun século.
Esa necesidade de manter o tamaño do ollo o máis reducido posible e a lonxitude de axóns ou cables que o unen co cerebro o máis curta posible é o que limita o número de píxeles que ten o ollo.
"A razón é que, aunque un maior tamaño do ollo melloraría a calidade e resolución da imaxen, o faría a costa de incrementar o gasto metabólico e o espazo requerido para enviar esa información visual ao cerebro", agrega Martínez. 

Diego López Guerrero Navarro; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal