Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Reapertura do "Santo Graal" das covas do mundo do Paleolítico
Onte, día 28 de febreiro, un grupo de cinco visitantes escollidos por sorteo xunto coa súa guía tiveron a fortuna de visitar a Cova de Altamira despois de pecharse no ano 2002 pola degradación que se produciu nas pinturas rupestres a causa das incontroladas visitas á cova, sobre todo na época dos anos cincuenta e sesenta.

Os visitantes, vestidos con monos e mascarillas, acudían con ilusión ao privilexio de poder observar algo que ata fai pouco estaba ao alcance dus poucos. Isto realizarase unha vez á semana seguindo un método de elección entre todas as persoas que compren a súa entrada no Museo de Altamira, facendo un sorteo ás once da mañá.

Para que se fai todo isto? Pois ben, isto realízano os científicos que traballan na Cova de Altamira como experimento para determinar si se pode ou non abrir a Cova ao público e para determinar o impacto que producen as persoas sobre os debuxos que hai na cova, entre os que destacan os de bisontes, cervos e cabalos. Os resultados do estudo coñeceránse ao final deste ano.

Esta nova reabre o debate sobre se se debería abrir ó público esta obra aínda que iso ocasione a súa destrucción, ou si sería mellor illala para que se conserve como durante os 18. 500 anos que leva existindo. Persoalmente, opino que si os resultados do estudo son favorables a que a Cova pode admitir un número clauso de visitantes coas medidas de seguridade que os científicos consideren oportunas, debería abrirse a Cova. Se non é así, non se debería porque considero que perderiamos un dos tesouros mellor gardados sobre o noso pasado.

Carolina Outomuro López; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 01-03-2014 13:33
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal