Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novas medidas ante a violencia escolar en Arxentina
Os escolares dun colexio da provincia arxentina de Misiones (nordés) terán que usar mochilas transparentes para controlar que non introduzan nin armas nin drogas no centro.

Por acordo entre a dirección do centro e os pais dos alumnos da Escola Normal Superior 2 da localidade misioneira de Montecarlo, o uso de mochilas transparentes será obrigatorio para o curso 2014 que comeza nas próximas semanas en Arxentina.

Esta medida pretende evitar episodios de violencia escolar «a través dun control máis exhaustivo dos elementos que portan» os alumnos porque se poderá «verificar a simple vista que non ocultan armas ou drogas», explicou a directora do centro Nora Argüello, en declaracións a Infobae.

A medida, que comezou a aplicarse no último semestre de 2013, converterase en obrigatoria para o curso 2014, tras constatar que a súa implantación reduciu «notoriamente os feitos de violencia», segundo Argüello.

A directora informou que haberá mochilas transparentes a prezos accesibles confeccionadas por microemprendedores da zona.

É a segunda escola que impulsa o uso das mochilas transparentes na provincia de Misiones, despois de que outro centro na localidade de Eldorado o fixese en 2013.

Segundo datos de Unicef, nos últimos anos unha media do 66% dos alumnos arxentinos presenciaron situacións de humillación entre eles mesmos, en tanto que ao 23% lle preocupaba resultar vítima dun episodio de violencia ou acoso.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 23-02-2014 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal