Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Un novo caso grave con liberdade
O ídolo xuvenil do pop Justin Bieber, de 19 anos, arrestado o xoves en Miami Beach, recoñeceu que conducía o seu vehículo baixo a influencia de substancias tóxicas e a exceso de velocidade, nunha 'carreira de aceleración' por unha zona residencial céntrica desta cidade.

Ao cantante canadense impúxoselle unha fianza de 2.500 dólares (1.800 euros) polos tres cargos que se lle imputan: conducir baixo a influencia de substancias tóxicas, alcohol e marihuana, resistencia á autoridade sen violencia e conducir cun carné que expirara.

O xefe da Policía de Miami Beach, sinalou que os axentes que arrestaron a Justin e ao outro mozo co que competía, o cantante de R&B Kahlil Amir Sharieff, detectaron un 'olor forte a alcohol' nos mozos, e o canadense non se mostrou cooperativo cando o detiveron.

Con todo isto onde eu quero chegar non é soamente a contarvos o magnífico incidente deste rapaz, senón que hoxe en día o que lle impuxeron de fianza non foi nada, xa que o diñeiro que este rapaz ten non o imaxina ninguén, e isos 1800€ págaos coma se nada. Dende o meu punto de vista, facer unha carreira de coches baixo o efecto do alcohol e das drogas e aínda por riba ir co carné caducado, merece xa que se quedara no cárcere como mínimo e porlle unha fianza de máis cantidade para que polo menos lle doese pagala. O peor de todo é que todas as súas fans adorábano ao quedar en liberdade, aplaudíano coma se non houbese feito nada, e realmente se alguén alleo a todos os que estaban involucrados neste incidente resultara ferido, outro galo cantaría. Aínda así creo que as súas fans non deberían de estar alí naquel momento porque polo menos a min se unha persoa da que eu son moi fan fixera algo así, daríame vergoña e non iría a homenaxealo á súa saída. Pero xa se ve que non todo o mundo pensa igual.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 22:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal