Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Rebaixan a condena a un 'camello' porque o colapso do xulgado da 'Pokémon' ocasionou dilacións indebidas
O Tribunal Supremo determinou que o colapso dos órganos xudiciais non pode servir como escusa para que os procedementos sufran "paralizacións inxustificadas". Por iso, rebaixa un ano a condena dun 'camello' por vender heroína ao constatar que o seu caso sufriu dilacións indebidas e que a sobrecarga do xulgado lucense que instrúe as operacións 'Pokémon' e 'Carioca', non pode xustificar que non se lle aplique esta atenuante.
   A Sala do Penal estimou o recurso que presentou Francisco Miguel Núñez contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que lle condenou o pasado marzo a tres anos de cárcere por un delito contra a saúde pública concorrendo a atenuante de drogadicción pero non a de dilacións indebidas.
   O Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, do que é titular a maxistrada Pilar de Lara Cifuentes, admitiu que o proceso sufriu un parón "inxustificado" dun ano dende que se incoou o procedemento abreviado ata que se decretou a apertura de xuízo oral.
   Non obstante, precisou que "o cómputo total non excedeu do período dilatado que, xeralmente e de xeito non desexable, se adoitan prolongar as actuacións nos xulgados debido á sobrecarga que sofren no seu normal discorrer".
   Entre os asuntos instruídos polo Xulgado de Pilar de Lara, atópanse a rama 'Pikachu' da causa 'Pokémon' sobre presuntas contratacións irregulares no Concello de A Coruña, e 'Carioca', unha macrocausa sobre prostitución.

INTERRUPCIÓNS INEXPLICABLES NON PODEN SER RUTINEIRAS

   O Supremo rexeita a argumentación do tribunal de instancia argumentando que a existencia dun volume de traballo na Administración de Xustiza "afastado do que poderían considerarse os estándares desexables", non pode servir de escusa para non aplicar a atenuante de dilacións indebidas.
   "A carencia de medios non é incompatible cunha dedicación que impida paralizacións inxustificadas do procedemento", remarcan os maxistrados, que creen que soster o contrario "conduciría a admitir que forman parte da rutina da instrución penal interrupcións absolutamente inexplicables".
   E é que, para os maxistrados, a paralización do proceso penal durante un ano sen que se practiquen dilacións "indispensables", algunhas de puro trámite para axilizar a sinalización do xuízo oral, erosiona o dereito a ter un proceso sen dilacións indebidas.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal