Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Conclúe sen novidade a busca dos dous desaparecidos en Valdoviño
O operativo despregado este sábado para tratar de localizar as dúas persoas, un home e a súa filla, que permanecen desaparecidas dende o día de Reis en Valdoviño (A Coruña) concluíu sen éxito.
   Así o manifestaron a Europa Press fontes de Protección Civil de Valdoviño, que sinalaron que o rastrexo deste sábado foi infrutuoso e que os medios se retiraron sen novidade.
   Este sábado colaboraron con Protección Civil de Valdoviño cinco agrupacións máis dos municipios próximos coruñeses de Ferrol, Narón, Neda, Fene e Mugardos, formando un grupo de 42 voluntarios.
   A estes sumáronse no operativo deste sábado Bombeiros de Ferrol, segundo confirmaron fontes deste corpo, ademais de efectivos da Policía Local e da Garda Civil.
   As malas condicións meteorolóxicas na zona dificultaron o rastrexo, que unicamente se levou a cabo por terra ata as 13.00 horas, por estar "o mar bravo" e haber escasa visibilidade na zona de acantilados, polo que se centraron nas praias.
   Tras intensificar o rastrexo este sábado, as mesmas fontes puntualizaron que a partir desta xornada en días sucesivos se limitarán a realizar "pasadas" polas praias os efectivos da agrupación de Valdoviño e da Policía Local.
   Tamén Salvamento Marítimo indicara que aproveitaría tamén o movemento de medios en exercicios na zona para rastrexos selectivos, que tamén se producirán en caso de recibir alerta dalgún avistamento na área.

CATRO FAMILIARES

   Tras ser arrastradas polo mar catro persoas o día de Reis, sobre a 1,30 horas do martes 7 de xaneiro foi localizado na praia de Valdoviño o corpo do varón Rodrigo Pena, de 67 anos, unha das tres persoas desaparecidas esa xornada na zona do Faro de Meirás.
   Os outros dous desaparecidos son o seu cuñado Juan Bedoya, de 55 anos de idade, e a súa filla, Patricia, de 25 anos. Todos eles se achegaran ao lugar no que días antes botaran as cinzas dun familiar falecido.
   A cuarta integrante do grupo, filla de Pena, logrou agarrarse a unhas rochas e puido salvarse, aínda que tivo que recibir atención médica polas contusións que sufriu.

Alejandro Sueiro Paz; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal