Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Justin Bieber, detido en Miami Beach

Todo son malas noticias para el. Enfróntase á deportación, nin máis nin menos. O canadense non deixa de liala. Justin Bieber non rematou de render contas coa xustiza. O pasado venres era posto en liberdade tras pagar unha fianza de 2.500 dólares e pasar 24 horas entre reixas por participar nunha carreira ilegal de coches en Miami Beach. Non obstante, os delitos acumúlanselle ao artista que foi citado o próximo luns ante un tribunal para dilucidar os niveis de alcol e drogas baixo os que conducía o cantante.

Justin Bieber admitiu ante os axentes que fumara marihuana, bebido unhas cervexas e inxerido unhas pastillas de prescrición antes de ser detido. Unhas agravantes sumadas a superar o límite de velocidade. O famoso conducía a 90 Qm/h cun deportivo por unha zona residencial na que debía circular a 48 Qm/h.

Justin Bieber está a dar moitos problemas á súa nai, que preocupada polo díscolo mozo, mesmo pediu aos seus seguidores que recen por el. A seguinte pregunta é cómo influirá este espiral de polémicas na carreira da estrela, á que polo momento lle saíron un bo número de inimigos nas redes sociais. Nas últimas horas foron moitos os que piden a deportación do ídolo de EUA.

Máis de 13.000 persoas asinaron en menos de 24 horas a petición. "Nós, o pobo de Estados Unidos, sentimos que non estamos ben representados no mundo da cultura pop. Gustaríanos ver ao perigoso, insensato, destrutivo, e consumidor de drogas Justin Bieber deportado e co seu permiso de residencia revogado", reza a nota, rexistrada na sección de peticións dos cidadáns "We are the people”.

E engade: " (Bieber) Non só é unha ameaza para a seguridade do noso pobo senón que tamén é unha mala influencia para os nosos mozos. Nós, o pobo, queremos que Justin Bieber saia da nosa sociedade". Un equipo da Casa Branca estuda as peticións realizadas a través da web e que necesitan 86.000 máis para o 22 de febreiro, para despois decidir qué organismo dara unha resposta oficial á reclamación.

Carlos Seoane Martínez, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 20:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal