Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Facemos fármacos para quen poida pagalos
A farmacéutica alemá Bayer, unha das maiores empresas do mundo no seu sector, produce medicamentos só "para quen poida pagalos", segundo declaracións de representantes directivos da compañía. "Non producimos medicamentos para os indios. Producímolos para os pacientes occidentais que poden pagalos, sinalou esta mesma semana o conselleiro delegado de Bayer, Marijn Dekkers, en declaracións recollidas pola revista Bloomberg Business Week.

Dekkers fixo estas declaracións en referencia ás novas licenzas sobre a propiedade das patentes farmacéuticas que está a aplicar o Goberno de India, unha iniciativa que repercutirá a favor dos fabricantes locais para que produzan medicamentos xenéricos a un prezo máis barato e alcanzable para toda a poboación.

A medida está pensada para os tratamentos contra o cancro, o VIH e a diabete, segundo a revista, pero o Goberno indio pretende ampliala a 20 medicamentos máis. As novas licenzas permitirían a calquera empresa do país producir esas mesmas fórmulas sen o consentimento do titular da patente. A farmacéutica alemá recorreu esta iniciativa ante a xustiza india argumentando que estas licenzas constitúen "un roubo". Non obstante, doutores de Médicos Sin Fronteras cren que este caso "reflicte o xeito perverso no que se desenvolven hoxe en día os medicamentos. As farmacéuticas están claramente enfocadas en multiplicar as ganancias".

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.


Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 13:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal