Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Romasanta, o lobishome galego, morreu nun presidio de Ceuta
Sobre Manuel Blanco Romasanta, o "Home Lobo" ou o "Home de Allariz", escribíronse multitude de obras, traballos e investigacións e filmáronse decenas de películas. Non obstante, a noticia de que morreu en Ceuta e non en Galicia xa está constatada e contrastada.

Ata hai uns anos mantíñase que morreu en 1854, ben no cárcere de Celanova, ben na prisión de Allariz e mesmo algúns apuntaban ao castelo de San Antón (A Coruña). Non había nada claro ao respecto ao perderse o seu rastro entre reixas.

O labor dos investigadores galegos Félix e Cástor Castro permitiu concretar que morreu o 14 de decembro de 1863 na fortaleza do Monte Hacho de Ceuta como consecuencia dun cancro de estómago que puxo fin á vida do coñecido como primeiro asasino en serie da historia moderna.

Segundo explicou o investigador e historiador ceutí Francisco Sánchez Montoya, aludindo aos datos dos dous investigadores galegos, Manuel Blanco foi condenado a morrer a garrote vil pero a raíña Isabel II intercedeu ante o tribunal e cambiou a pena de morte por cadea perpetua, tras ler unha carta dun hipnotizador francés que defendía que sufría licantropía.

Na súa opinión, os dous historiadores galegos "dataron con moita precisión a súa morte despois de moitos anos de investigación e de consultar moitos arquivos".

David Cebreiros López, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 26-01-2014 12:51
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal