Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Crean a conexión a Internet máis rápida do mundo
Alcanza unha velocidade de 1,4 terabits por segundo utilizando liñas de fibra óptica de calidade comercial
Científicos do Reino Unido crearon a conexión a Internet máis rápida do mundo usando liñas de fibra óptica de calidade comercial e alcanzando velocidades de 1,4 terabits por segundo. Posiblemente, esta sexa a proba de velocidade máis rápida da súa clase, superando ás realizadas en Corea do Sur.
1,4 terabits por segundo, velocidade máis que suficiente para descargar unha película en alta definición en 0,02 segundos. Ou o que é o mesmo, 100 películas en alta definición en tan só 2 segundos.
Segundo Mundo Digital, para chegar a alcanzar os 1,4 terabits segundo, os investigadores empregaron Flexigrid, un novo protocolo de transmisión de datos, co que foron capaces de superpoñer varias canles de transmisión a través da mesma conexión.
O sistema, denominado “Super Channel Alien” está composto por sete conexións simultáneas a 200 xigabits por segundo cada unha, coa que superaron nun 42,5 por cento aos anteriores intentos. Aínda que aínda este servizo de banda ancha non está dispoñible comercialmente, as probas realizáronse empregando sistemas de fibra estándar, o que polo menos posibilitará un considerable aumento de velocidade nas conexións domésticas e empresariais actuais, ao non ser necesario un cambio dramático da infraestrutura de fibra óptica existente.

Fernando Rodríguez González; 2º BACH. B
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal