Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Novo disco de Neil Young.
Rock and roll can never die. Así reza un verso do tema "Hey, Hey, My, My" de Neil Young, e segundo parece, o canadiense pensa actuar seguindo as súas propias ensinanzas.
O famoso cantautor publicará en marzo un novo disco, chamado "A Letter Home". Fai non moito existían na rede certos rumores que dicían que Young, de 68 anos, publicaría un novo disco co ex-integrante da banda The White Stripes, Jack White, quen ten 38 anos. Young desmentiu esto por medio da súa conta oficial de Facebook, o que resultaría un pouco triste por mor da moita expectación e curiosidade que se crearía ao colaboraren dúas figuras importantes do rock de tan lonxanas e distintas xeracións, de non ser, obviamente, pola nova que acompañaba a esta negativa de Young, o susodito novo disco.
Young tamén se pronunciou un chisco sobre o novo traballo: "Este disco foi unha das experiencias menos tecnolóxicas que nunca tiven". O último disco que publicou foi "Psychedelic Pill", o cal contén largas improvisacións de guitarra e que foi a volta da banda Crazy Horse ao respaldo do nomeado artista.
Iremos coñecendo máis datos do disco consonte se acerque a data aproximada de publicación do mesmo. Ante todo, de Neil Young cabe esperar grandes cousas. Dende melancólicos temas preto do country ata duras e revitalizantes cancións do máis puro hard rock, todo esto, como sempre, aderezado cun chisco de denuncia política e comentarios sociais. Esperamos un bo traballo, e se é acompañado dunha xira, ¡Benvido sexa!

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 25-01-2014 12:38
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal