Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tomar o sol diminúe o noso risco de hipertensión
Nada mellor que uns bos raios de sol, iso si, debidamente protexidos, para controlar a tensión arterial. Iso é o que se deduce dunha investigación realizada nas universidades de Southampton e Edinburgo, Gran Bretaña, que sinala que a exposición da pel á luz solar pode axudar a reducir a presión arterial e, polo tanto, reducir o risco de ataque cardíaco e accidente cerebrovascular.

En concreto, a investigación que se publica en Journal of Investigative Dermatology demostra que a luz solar altera os niveis dunha molécula mensaxeira pequena, o óxido nítrico (NO) na pel e o sangue, e a súa consecuencia non é que reduce a presión arterial.

«Sabemos que NO, xunto cos seus produtos de degradación, son abundantes na pel e que está implicado na regulación da presión arterial. E cando a pel se expón á luz solar, pequenas cantidades de NO transfírense dende a pel ata o torrente sanguíneo, e o efecto é que diminúe o ton dos vasos arteriais; así, ao reducir a presión arterial, tamén o fai o risco de infarto e de ictus», explica Martin Feelisch, coordinador do traballo.

Mentres algúns profesionais sanitarios advirten dos riscos que ten unha exposición aos raios do sol debido ao incremento no risco de cancro de pel, os autores deste traballo suxiren que se se minimiza a exposición solar, iso pode non ser especialmente beneficioso para unha serie de patoloxías relacionadas coas enfermidades cardiovasculares que representan o 30 por cento das mortes anuais en todo o mundo.

Sábese que a presión arterial e a enfermidade cardiovascular segue un ciclo estacional e que tamén varían en función da latitude. Así, os eventos son maiores en inverno e nos países máis lonxe da liña ecuatorial, onde a radiación ultravioleta do sol é menor.

Con isto, os autores do traballo queren demostrar que expoñer o noso corpo ás radiacións solares con precaución é beneficioso para a nosa saúde e que disminuirá así o noso risco de hipertensión.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-01-2014 22:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal