Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Globos De Ouro 2014
O pasado domingo 12 de xaneiro celebrouse a gala dos Globos De Ouro 2014. Esta antesala dos premios Oscar esperta moita curiosidade entre os medios especializados e non tan especializados, xa que é bastante común que coincidan cos famosos e citados premios Oscar.
No apartado de Mellor Película Dramática, foi "12 Anos De Escalvitude" a gañadora, na súa contraparte Mellor Película Comedia ou Musical recaeu na que sería a gran gañadora da noite: "A Gran Estafa Americana". Esta cinta completaría a noite cos premios a Mellor Actriz Comedia ou Musical, para Amy Adams, e Mellor Actriz de Reparto, para Jennifer Lawrence. Esta última, rapaza de tan só 23 anos que xa conta cun premio Oscar e dous Globos De Ouro. O outro galardón de actrices, Mellor Actriz Drama, foi para a australiana Cate Blanchett, pola súa actuación na película de Woody Allen, "Blue Jasmine".
Por outra banda, a dos actores, o premio a Mellor Actor de Reparto gañouno Jared Leto pola súa actuación na película "Dallas Buyers Club", cinta pola cal tamén obtivo un galardón Matthew McConaughey, a Mellor Actor Drama. O terceiro actor gañador foi o gran e pouco recoñecido actor estadounidense Leonardo DiCaprio, pola súa última colaboración con Martin Scorsese, "O Lobo De Wall Street".
O premio a Mellor Guion recaeu en Spike Jonze, por "Her", e o de Mellor Director no mexicano Alfonso Cuarón pola película de ciencia ficción "Gravity".
No apartado musical, a Mellor Banda Sonora foi para Alex Elbert polo seu traballo no filme "All Is Lost", e a Mellor Canción Orixinal para o grupo irlandés U2, polo tema "Ordinary Love", composto para a película "Mandela: Do Mito Ao Home".
No apartado televisivo cabe destacar o triunfo de "Breaking Bad" cos galardóns a Mellor Serie Drama e Mellor Actor Serie Drama, para o protagonista e álter ego de Walter White, Bryan Cranston.
Estes premios sempre actúan como predicción dos Oscar, e a súa importancia vese moi atenuada por estes, pero, en xeral, son uns premios en ocasións máis xustos que os Oscar.

Javier González Sobrado; 2º BACH. A
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 17-01-2014 18:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal