Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O Circo do Sol enche o Coliseum de A Coruña con 'Quidam'
O Circo do Sol estreou este mércores o seu espectáculo 'Quidam' no Coliseum de A Coruña, onde ofrecerá ata o 29 de decembro a súa montaxe máis teatral e dramática cun elenco de 52 acróbatas, músicos, cantantes e diferentes personaxes.
Nun recinto case cheo, a compañía canadense presentou a primeira da funcións que ofrecerá na cidade herculina de 'Quidam', unha montaxe que se estreou no ano 1996 en Montreal. Dende entón pasou polos cinco continentes e agora chega á comunidade galega, dentro da súa xira española.
'Quidam' céntrase na viaxe de Zoe, a protagonista, unha nena desencantada da realidade que o rodea e que atopa un mundo novo, o mundo de Quidam. Neste novo espazo, os asistentes gozan dun universo con personaxes que se mesturan cos números acrobáticos que fixeron famoso o Circo do Sol.
O espectáculo arrancou puntual, ás nove da noite, e durante máis de dúas horas o publico non deixou de sorprenderse coas acrobacias e as piruetas da compañía de Montreal, acompañadas por música en directo.
Ademais, o público converteuse en coprotagonista da montaxe. Ao comezo, o mestre de cerimonias colleu a un dos asistentes, ao que vestiron cun mono branco, igual que o que lucían os artistas. Mentres, na segunda parte do espectáculo, os integrantes da compañía canadense invitaron catro persoas do público a subir ao escenario para formar parte dun número humorístico.
A montaxe do Circo do Sol poderase gozar ata o 29 de decembro no Coliseum de A Coruña. O auditorio para cada unha das sesións é de 5.000 persoas.

Beatriz Pereiras López, 1ºB Bacharelato
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2014 22:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal