Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Os expertos consideran o azucre como ‘‘o novo tabaco’’
Púxose en marcha unha campaña para sensibilizar sobre os efectos do consumo excesivo de azucre. Considérase que podería frearse a obesidade se o sector alimentario reduce a súa proporción nun 20%.

Varios expertos do Reino Unido, Canadá e Estados Unidos lanzaron a campaña ‘Action On Sugar’ (Acción Contra O Azucre) para sensibilizar contra o excesivo consumo deste produto, xa que agora é considerado como o novo tabaco e como unha das causas dos índices de obesidade e do alto risco de sufrir diabete.

A campaña ten como finalidade concienciar aos cidadáns sobre esta ameaza e presionar ós gobernos e empresas alimentarias para que reduzan os niveis de azucre "innecesario".

"O azucre é o novo tabaco. A cínica industria, preocupada por obter beneficios e non pola saúde pública, impón a pais e nenos incautos as súas bebidas azucradas e a súa comida lixo", resaltou Simon Capewell, profesor de epidemioloxía clínica da Universidade de Liverpool (Reino Unido), segundo informa 'The Independent'.

Os expertos consideran que se ata 2017 ou 2019 as grandes empresas do sector alimentario diminuísen nun 20% ou nun 30% a cantidade de azucre que conteñen os seus produtos, se podería frear a tendencia á obesidade.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2014 17:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal