Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

As tablets e os Reis Magos
Sempre hai un regalo estrela e nesta ocasión foi o turno do pequeno dispositivo dixital de moda en todos os lugares do mundo, a tablet.

Non é a primeira vez que a tecnoloxía casa cos xoguetes co ánimo de facer negocio, pero os expertos aseguran que esta vez trátase dunha moda que calou entre os nenos españois a causa da adicción que ás veces amosan os seus pais aos seus teléfonos intelixentes, aos seus ordenadores ou, neste caso, ás súas tablets.

María Costa, directora de investigación infantil e ocio do Instituto Tecnolóxico do Xoguete, conta que é algo común que se contaxien os hábitos entre os pais e os fillos: "Os nenos son como esponxas, se ven aos seus familiares pegados ao móbil durante todo o día é lóxico que eles tamén queiran facer o mesmo". Aínda que esta psicóloga recomenda que o ideal é non regalarlles este tipo de xoguetes ata que cumplan os 6 anos, é certo que as principais empresas de xoguetes en España xa ofrecen nos seus catálogos as tablets para nenos, dispoñibles para raparigos dende os dous anos.

Tal e como afirma María Costa, estos dispositivos están feitos para ser un recurso educativo para os nenos, polo que non hai perigo en que os pais compren estes aparellos tecnolóxicos. "Aquí resúltanos moi raro, pero en moitos colexios do nórdico xa se fai uso destas tablets nas aulas". A experta apunta que se dan casos nos que os bebés de menos dun ano xa interactúan coas tablets dos seus pais, o cal asegura que non é nada malo, aínda que pode ser perigoso se os rapaces acceden a contidos que non sexan nada adecuados.

Dende o Instituto Tecnolóxico do Xoguete apuntan que os pais teñen un papel fundamental á hora de ensinar aos seus fillos no referente á súa reacción coas tecnoloxías. Cada vez é máis común que un neno de 8 anos camiñe pola rúa cun móbil na man, pero desgraciadamente os expertos apuntan que, do mesmo modo, estase a convertir en algo habitual que estos dispositivos pasen a ser máis unha neneira que unha ferramenta para aprender. Esta institución recomenda que os pais que exerzan un papel activo na relación dos seus fillos coas tecnoloxías, ensinen a usar as redes sociais, a non dar datos persoais ou a controlar as horas que están fronte as pantallas, pois é a única maneira de evitar crear preadolescentes illados do futuro. "O importante é que sempre haxa tempo para o xogo ao aire libre", asegura Costa.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 12-01-2014 15:55
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal