Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Cando só se lle dá importancia ao físico
Hai polo menos un sitio no que é legal despedir a unha empregada por ter uns quilos de máis: os casinos de Atlantic City. Un xuíz de Nova Jersey, Nelson Johnson, ditaminou que as famosas «Borgata Babes», que atenden aos clientes do Hotel Borgata, deben manterse no seu peso ideal, como estipula o seu contrato.

Ata vinte e dúas «Borgata Babes» uniron as súas forzas para denunciar ó hotel por discriminación. As rapazas queixábanse de ser utilizadas como obxectos sexuais e dos frecuentes controis de peso aos que son sometidas, algo que non sofren os seus compañeiros varóns. No contrato destas mulleres hai unha cláusula que lles impide superar en máis do 7% o peso corporal que tiñan cando empezaron a traballar. Ademais, deben lucir un característico vestido negro, moi curto e escotado, e zapatos de tacón. Segundo as traballadoras, mesmo lles recomendaban tomar laxantes ou deixar de inxerir certas medicinas para non engordar.

En 2006, dúas «Borgata Babes» xa demandaron ós seus xefes, aos que reclamaban 70 millóns de dólares por humillalas cos seus vestidos e os seus límites de peso. Unha delas alegou mesmo que engordaba por un problema de tiroide. Sábese que ambas as dúas partes chegaron a un acordo, cuxos detalles se mantiveron en segredo. Mais isto non supuxo ningún cambio xa que teñen que seguir mantendo o seu peso e o seu corpo "ideal" e vestindo con marcados escotes.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 11-01-2014 16:54
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal