Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Posible orixe galega de Cristovo Colón
Estudos científicos, lingüísticos e toponímicos avalan a tese de García de la Riega sobre a orixe pontevedresa do descubridor de América.

Novos estudos relacionados coa análise de documentos, a lingüística ou a toponimia veñen a avalar as investigacións que hai máis dun século realizou Celso García de la Riega para demostrar a orixe galega de Cristovo Colón. Máis alá da polémica suscitada pola serie de televisión "Isabel", que presentou a un Colón xenovés, os defensores da tese de De la Riega cren que estamos nun momento clave das investigacións.

Está previsto que o Instituto do Patrimonio Cultural de España dé a coñecer os resultados definitivos da análise dos seis documentos que lle entregou a asociación pontevedresa para confirmar a súa autenticidade. Tras unha análise preliminar, María del Carmen Hidalgo, xefe do servizo de Conservación e Restauración de Patrimonio Bibliográfico, Documental e Obra Gráfica do Instituto, adiantou o pasado mes de maio que os investigadores puideron constatar que se trata de documentos da época de Colón, e que non hai raspaduras no papel para modificar o texto. Conclúe que "non houbo intención dolosa por parte de Celso García de la Riega", e que se avivou o escrito para destacalo, se ben o que está escrito por enriba se corresponde co que aparece nos documentos orixinais.

Os investigadores de Patrimonio Cultural recorreron mesmo á Policía Científica, que conta cuns sistemas quizais máis espectaculares para detectar documentos nos que aparecen pequenas modificacións. Estas análises puideron determinar que en ningún momento era a intención de De la Riega falsificar documentos, senón avivar as tintas para que se observasen mellor nas reproducións fotográficas que ían no libro da época "Colón español, orixe e patria" da época. Segundo o propio testemuño de De la Riega, de todos os papeis que se alteraron, el só chegou a recalcar un para que saíse mellor nas fotografías.

Polo que, para poder afirmar a orixe galega, máis concretamente, pontevedresa, dunha das grandes figuras da historia, Cristovo Colón, haberá que esperar aos resultados.

Sandra Tornero Belloso, 4º da ESO.
Comentarios (1) - Categoría Xeral - Publicado o 23-12-2013 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 الانقلاب #blgtk08#07;و الارهاب
Comentario por تاريخ ال (24-12-2013 09:37)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal