Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Voltamos ás datas de Lotaría de Nadal e soños
Dende o día do seu nacemento, o 18 de decembro de 1812, ata a data, son moitas as peculiares tradicións que pasaron a formar parte do Sorteo Extraordinario da Lotaría de Nadal. Comprar o mesmo número ano tras ano, pasar o décimo pola tripa dunha embarazada ou polas costas dun chepudo son algunhas das supersticións máis coñecidas.

O mesmo día do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal é típico que os compradores de lotaría leven un alfinete posto na chaqueta, unha moeda de ouro, unha chave de ferro no peto ou algún colgante de valor sentimental que atraian cara a eles o maior dos premios.

Ademais destes amuletos, existen varios 'conxuros' populares que pretenden atraer á fortuna. Así, nalgunhas casas de Galicia é tradición colgar o boleto nunha ferradura para que a sorte entre no seu fogar. Tamén os hai que colocan o décimo preto da virxe ou algunha figura relixiosa coa esperanza de recibir o Gordo.

Un dos estabelecementos máis famosos cando falamos da Lotaría Nacional é Doña Manolita, que comezou a súa actividade no 1904 na rúa San Bernardo en Madrid, fundada por Manuela de Pablo e as súas tres irmás. Rapidamente cobrou unha enorme popularidade pola cantidade de premios repartidos. En xullo de 1931 transladouse a Porta do Sol e á rúa Gran Vía. Tras o falecemento de Doña Manolita pasou a mans da súa irmá Carmen e, finalmente, foi vendida a outra familia. No ano 2011 esta administración transladouse a unha rúa veciña, pero parece que a súa situación non inflúe, cada ano miles de persoas acoden alí a comprar o seu décimo de lotaría.

Está considerada por moitos como un auténtico símbolo da cidade de Madrid. Mesmo foi mencionada en obras literarias e cancións de célebres intérpretes españois como Joaquín Sabina, no seu tema 'A la sombra de un león' ou Concha Piquer, en 'Mañana sale', e o seu nome evoca aos españois as festas do Nadal.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 22-12-2013 11:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal