Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Tanta é a diferenza?
Miremos á sociedade dun xeito un pouco máis detallado. Podemos atopar a moita xente que non ten onde vivir e a outra moita que lle sobran os cartos. Xogamos ao xogo das diferenzas con eles? Encontrei cincocentas! E imaxino que haberá outras moitas máis.

Eu voume permitir facervos unha reflexión: penso por que hai xente que cada noite loita por durmir nun anaco da rúa, e outros quéixanse de que o ‘champagne’ é dunha calidade inferior á que están afeitos e isto provócalles acidez de estómago. Dende un principio só estou mirando á situación económica, onde uns poden usar billetes coma se fosen panos, e aínda lles sobran, e outros choran de ledicia ao encontrar unha moeda dun euro, que, xente da nosa idade, só vea para mercar unhas cantas lambonadas, pero eles, con esa simple moeda, ven un mundo e miles de sorrisos.

Vendo reportaxes, sobre todo as que fai a canle de televisión ‘Cuatro’, estas diferenzas cada vez son máis visibles, e o triste é que ninguén fai nada. Pode que pouco poidamos facer, pode que a situación económica agora mesmo non sexa a mellor en todas as casas, pero… por que a xente adiñeirada non quere axudar, aínda que sexa cun poco, e intentar eliminar a clase social que, aínda no século XXI, dorme entre cartóns? Entendo que non queiran dar cartos, ninguén no momento no que estamos agora pode dalos, pero… por que cada día se ve que hai xente que tira un abrigo de ‘Chanel’ que está pouco gastado ou ten un pequeno buraco, ao colector do lixo e non llo dá ao pobre que está pedindo na porta do supermercado polo que pasa case todos os días? Acaso ti, que disfrutas esta época de crise con ledicia, non eres capaz de ver que un abrigo gastado e roto, que aínda cumple a súa función de abrigar, pode facer a alguén a persoa máis feliz do mundo?

Espero que esta crise pase e serva para darnos a todos unha lección de humildade, para que nos deamos de conta de todas as cousas innecesarias, superfluas e sen utilidade que a sociedade de consumo na que vivimos en tempos pasados nos “invitou” a mercar, e para que dunha vez por todas sexamos conscientes do que é realmente importante e todos poidamos ter as necesidades básicas cubertas.

Eu con isto non quero criticar os erros que, seguramente, todos cometemos algunha vez. Con isto quero denunciar a situación de miles de persoas, que son felices coas cousas que xa non utilizaremos xamais.

Laura Abad Álvarez, 4ºA da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 28-10-2013 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal