Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

O saber de Internet
Según datos do Instituto Nacional de Estatística, a proporción do uso de tecnoloxías da información e a comunicación polos nenos de 10 a 15 anos é, en xeral, moi elevada: o uso do ordenador é practicamente universal (95,2%), o 91,8% emprega Internet e o 63% dispón do teléfono móbil.

É incrible como os nenos de hoxe en día teñen un control tan alto das novas tecnoloxías. Estouvos a falar tanto de teléfonos móbiles, como ordenadores ou tablets; é o mesmo, contrólano todo.

Si que é certo que ás veces é moi útil saber tanto das novas tecnoloxías, porque hoxe en día é o que máis se emprega. Hai moi poucas persoas que non dispoñan de Internet na casa. Ou mesmo, cantos nenos ves pola rúa que non teñan teléfono móbil? Nenos de 8 e 9 anos xa dispoñen del, bastante asombroso se o comparamos cos de hai uns anos atrás…

Pero tamén hai que advertir dos seus perigos, porque o elevado uso das tecnoloxías polos menores fai que estén preto de moitos enganos pola rede, xa que en moitas ocasións a súa falta de coñecemento de certos usos fan que sexan enganados por xente adicada a estes delitos. Dous deles poderían ser, por exemplo, o coñecido como “grooming”, que é o acoso sexual a menores levado a cabo por un delincuente adulto sobre un menor; ou o “ciberbullying”, que é o ciberacoso entre menores empregando os medios dixitais. Por iso mesmo hai que ter moitísmo coidado co uso da rede.

O director de Privacidade da rede social Tuenti, explicou que “do que se trata é de que participen da maneira máis segura posíbel”, e destacou algunhas iniciativas da súa rede social como activar todas as opcións de privacidade, non comercializar datos con terceiros e cifrar as conversacións do chat. Finalizou dicindo que “en calquera caso, creo que a mellor ferramenta de prevención e de control é a educación dende idades pequenas” e creo que ten absolutamente toda a razón, hai que concienciar a todos os nenos destes riscos.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 22:22
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal