Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Méndez Ferrín acusa ó inmovilismo de Alonso Montero, na RAG.
O expresidente da Real Academia Galega Xosé Luís Méndez Ferrín asegurou este sábado que a institución "está paralizada" e pediu que en Galiza se cren máis premios nacionais para enaltecer a cultura galega en todas as súas formas artísticas.
Así o trasladou, en declaracións ós medios, tras recibir o premio Don Ramón Otero Pedrayo das deputacións provinciais de Galiza. Desta forma, Méndez Ferrín explicou que descoñece "como está a facer “o seu labor” o actual presidente", pero que "a impresión" que ten "é que está paralizada", e que, de feito, esa é "a teoría que ten todo o mundo".
Méndez Ferrín tamén criticou que en Galiza "non existen premios nacionais, senón substitutos". Deste modo, lamentou que "un escritor galego non pode levar nunca un premio Cervantes". Ademais, reivindicou que en Cataluña e País Vasco hai premios nacionais para a cultura pero que, non obstante, en Galiza "non existen".
Por iso, aínda que recoñeceu que o premio Otero Pedrayo "está bárbaro", indicou que "fai falta un premio por cada un dos xéneros literarios, igual que nas outras nacións que teñen lingua propia, pero mesmo igual que o Goberno central español".
Neste sentido, solicitou que se creen outros premios ou se amplíen os existentes para recoñeceren o traballo dos creadores de distintas formas artísticas. "Ten que haber un de literatura, de arte, de ciencias, ..., é absolutamente inescusábel", finalizou.

Serxio María Rodríguez Álvarez, 2º Bacharelato. Coordinador.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 12:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal