Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Durmir a corpo de rei.
Os especialistas remarcan que un bo descanso é clave para levar unha vida saudábel.

Vivimos nun mundo acelerado, o estrés implantouse no día a día e as preocupacións agudizáronse coa mala conxuntura económica. É normal que este ritmo de vida afecte ao descanso. De feito, a Sociedade Española de Neuroloxía (SEN) alerta de que os trastornos de soño afectan a máis do 30% dos españois, dos cales, un 4% padéceno de forma crónica.
Diversos estudos avalan a importancia do soño para levar unha vida saudable e equilibrada. De feito, os expertos insisten en que durmir ben é clave para a saúde en xeral. Nun contexto onde os problemas económicos deixan en vela a máis dun, a Asociación Española do Soño e a cadea de hoteis Hospes elaboraron un decálogo para durmir a corpo de rei.
A primeira norma é respectar os horarios de soño, por iso, é necesario fixar unha hora para deitarse e levantarse. Durante o día é mellor non durmir, e se se realiza esta actividade recoméndase que sexa de como máximo 45 minutos.
É recomendable facer exercicio regularmente pero non xusto antes de deitarse.
A habitación débese ventilar e, pola noite, hai que mantela a unha temperatura agradable, evitar os ruídos e as luces innecesarias.
Parte das recomendacións teñen que ver coa alimentación.
Precisamente, os expertos insisten na necesidade de non consumir grandes cantidades de alcol catro horas antes de ir á cama mentres que as bebidas excitantes como o café, o té, a cola ou o chocolate mellor apartalas polo menos seis horas antes de deitarse.
Tamén aconsellan cear unha hora e media antes de meterse na cama e evitar unha cea copiosa.

Fernando Rodríguez González, 2º B Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 12:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal