Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense
O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

Toca atrasar os reloxos
Os países da Unión Europea atrasaron este domingo a hora co obxectivo de aforrar enerxía e dar lugar ao chamado ''horario de inverno'', que se manterá ata o último domingo de marzo.

O aproveitamento da luz é anterior á utilización da electricidade para a ilumimación, xa que no século XVIII o científico e diplomático estadounidense Benjamin Franklin formulou unha proposta para reducir o consumo de velas.

Os cambios de hora vénse facendo irregularmente dende 1974 cando, coa crise do petróleo, algúns países decidiron cambiar os reloxos para aproveitar mellor as horas da luz do sol e consumir así menos electricidade en iluminación. Pero non se comezou a aplicar formalmente ata 1981, e a forma de facelo foi renovada sucesivamente cada catro anos, segundo recorda o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo. Dende a aprobación da Novena Directiva, polo Parlamento Europeo e o Consello da Unión en xaneiro do 2001, este cambio aplícase con carácter indefinido.

Un estudo indica que o cambio horario ten impactos positivos, ademais de no aforro, noutros sectores coma o transporte, as comunicacións, a seguridade vial , a saúde, o turismo e o ocio. Suponse que este cambio permitirá a cada fogar español aforrar seis euros e outros douscentos dez millóns na industria.

Elena Blanco González, 1ºA de Bacharelato.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 27-10-2013 10:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal