Blog do EDLg do Colexio Plurilingüe Divina Pastora Franciscanas de Ourense

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 DESTACADOS

“Pais asasinos?”
Dende o pasado 22 de setembro, data na que apareceu o cadáver de Asunta Basterra Porto, unha adolescente de 12 anos, a poboación galega encóntrase conmovida ante tal acontecemento, pois a responsabilidade do asasinato da menor recae sobre os seus pais, ata o momento, os únicos culpábeis.

Está claro que según a xustiza todo o mundo é inocente ata que se demostre a súa culpabilidade, pero polo momento, e con todos os indicios que ata agora conseguiu a policía son os pais de Asunta os propios asasinos da súa filla.

Intento tratar esta terrible noticia dende o meu punto de vista, amosando a miña incredulidade, ante o feito de que uns pais, que por motivos biolóxicos non poden ter un fillo propio, opten pola adopción dunha nena que levaron a súa casa con poucos meses de vida e que con 12 anos deciden acabar coa súa vida. Como uns pais poden administrar tranquilizantes á súa propia filla? Din que ata para adoptar un fillo débese ter un gran poder económico, pero está claro que neste caso, o diñeiro non fai a felicidade, senón que a destrúe. A pesar do diñeiro que esta familia teña, o seu futuro debe ser castigado duramente pola lei, xa que ninguén pode quitar a vida a ningún ser humano e neste caso estamos a falar da súa propia filla; simplemente NON o entendo.

No que levamos de 2013, 17 nenos foron asasinados polos seus propios pais. Como pode ser isto posible? Que pasa, que agora matar á túa propia filla ou ao teu propio fillo é o mellor que se pode facer? Xa reducindo, por suposto, os demais asasinatos que se producen sen estar relacionados o asasino coa vítima… En que mundo vivimos?

Na miña opinión deberiamos tomar conciencia disto.

Patricia González Fernández, 4ºB da ESO.
Comentarios (0) - Categoría Xeral - Publicado o 20-10-2013 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal